Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2024 | Actualizada ás 16:16
O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Carlos Díaz (MAS), acusou ao "Goberno máis progresista da historia deste país", de telos "encorsetados" cun teito orzamentario e "sen capacidade de negociación". Fíxoo durante unha manifestación dos traballadores este xoves. Alude con isto ás reunións que mantén a parte social coa dirección da empresa naval pública no ámbito do convenio colectivo.
"Estamos a falar coa dirección e non hai avances porque din que non hai diñeiro, que non poden reducir xornada polo límite orzamentario, que non poden introducir o contrato relevo nos convenios colectivos porque iso costa, que non se pode mellorar o sistema de promoción porque só temos un 0,7% da masa salarial para acometer ese sistema de promoción", explicou Díaz.
Ditas manifestacións realizounas o presidente do comité de empresa na mañá deste luns, tras celebrar unha asemblea xeral no estaleiro, onde aprobaron un calendario de mobilizacións, que incluirá "unha acción sorpresa a desenvolver a próxima semana".
Mentres, este xoves xa protagonizaron unha mobilización que levou aos operarios do sector naval ata a sede da delegación en Ferrol de Facenda.
"É un calendario de mobilizacións a nivel grupo, de todos os compañeiros dos distintos centros de traballo", asegurou Díaz, que tamén avanzou que van manter un encontro con todos os grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados para trasladarlles a súa situación.
Para o 24 de outubro teñen programado reunirse na Delegación do Goberno en Galicia co delegado, Pedro Blanco. "Temos intención de ir co persoal manifestarnos", sinalou, mentres que para o mes de novembro apunta que traballarán de face a facer "unha gran mobilización a nivel grupo, de todos os centros de Navantia, a mediados de novembro en Madrid, ante a sede de Facenda"
MINUTO DE SILENCIO
Os traballadores de Navantia en Ferrol gardaron un minuto de silencio polo falecemento de dous traballadores que tras sufrir un accidente laboral nun estaleiro da Graña, neste mesmo municipio, o pasado xoves, e do que non lograron recuperarse das feridas sufridas.
Neste caso concentráronse ante a sede da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER).
"Trasladamos as nosas condolencias e a nosa solidariedade cos compañeiros e as familias", asegurou Díaz, dirixindo logo facía a sede do PSOE en Ferrol, na rúa Carmen, onde realizaron unha pitada como unha mostra de "rexeitamento" ao Goberno por, insistiu, telos "encorsetados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.