Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2024 | Actualizada ás 13:05
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición deste luns, a orde da Consellería de Sanidade pola que se procede a renovar os membros dos dous comités clínicos que regulan a Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción do embarazo, unha vez que xa terminou o prazo establecido das persoas que os integraban ata agora.
Deste xeito, noméanse membros titulares do comité clínico número 1 a Susana Blanco Pérez, facultativa especialista en xinecoloxía e obstetricia da área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; a Beatriz Alvar Mantiñán, facultativa especialista en xinecoloxía e obstetricia da área Sanitaria da Coruña e Cee; e a José Luís Fernández Trisac, facultativo especialista en pediatría da área Sanitaria da Coruña e Cee.
Así mesmo, noméanse membros titulares do comité clínico número dous a Roberto González Boubeta, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia da área Sanitaria de Vigo; Sabela Iglesias Faustino, facultativa especialista en xinecoloxía e obstetricia da área Sanitaria de Vigo; e a María Luisa González Durán, facultativa especialista en pediatría da área Sanitaria de Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.