Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/10/2024 | Actualizada ás 17:09
A Policía Local de Pontevedra detivo a un home de 45 anos de idade por un presunto delito de violencia doméstica ao pegarlle ao seu sobriño de 10 anos, que foi quen deu a voz de alarma. Segundo consta nos informes policiais, a media noite do pasado mércores 9 de outubro, a Policía Local recibiu a chamada dun neno de 10 anos alertando de que o seu padriño lle pegou na súa casa.
Os axentes pedíronlle que se puxese ao teléfono a súa nai, que tamén estaba na vivenda, pero esta non quixo. Ante esta situación, unha patrulla da Policía trasladouse ao domicilio e entrevistáronse co menor. Non era a primeira vez que lle pegaba, segundo contou o neno aos axentes, cando isto ocorría el encerrábase na súa habitación porque lle tiña medo.
Os axentes comprobaron que o menor tiña a fazula vermella e estaba moi asustado. A súa nai explicou que o suposto agresor era o padriño do neno e que estaba a vivir no salón. Dixo que aínda que tivera comportamentos violentos co raparigo nunca chegara a agredilo. Con todo, esta versión da nai cambiou cando chegou o seu marido e confirmoulle que si lle pegou ao neno. A muller pediulle á Policía que quería que quería que recollese as súas pertenzas e abandonase o domicilio.
O presunto agresor, que ata ese momento mantivera unha actitude tranquila, negouse a abandonar a vivenda. Comezou a gritar aos axentes e cando trataron de conducilo ao exterior, empezou a golpealos chegando a morder a un deles nunha man. A pesar da resistencia do home, os axentes conseguiron sacalo da vivenda e polo a disposición da Policía Nacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.