Por Europa Press / Redacción | LUGO | 15/10/2024 | Actualizada ás 12:50
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, instou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que libere as autoestradas da Xunta con "peaxe ao sol" como a AG-55, que une Carballo e A Coruña, e Puxeiros e Val Miñor.
"Eses van seguir pagando porque a Xunta non quere liberalizar esas peaxes, a diferenza do que ocorre cando gobernamos os socialistas, que aumentamos as bonificacións e imos camiño a gratuidade", afirmou en referencia á rebaixa nas peaxes da AP-9.
O xefe de filas de socialistas galegos pronunciouse deste xeito ao ser preguntado nun acto en Navia de Suarna (Lugo) polo anuncio de que a Xunta rescatará a través dun investimento de 297 millóns as autovías do Salnés, O Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión.
Respecto diso, o socialista criticou a "contradición" da Xunta ao sinalar que o ano pasado o Goberno galego dicía que esta medida non era posible e, ademais, sostivo que estes 300 millóns era algo que non había "necesidade" de investir se o executivo do PPdeG en 2014 non cambiase o sistema que permitiu indemnizar ás concesionarias.
"O resultado é que efectivamente agora imos investir 300 millóns en algo que non tiñamos necesidade de investir, porque agora si se dan conta de que o que fixeron no 2014 estaba mal feito", apuntou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.