O servizo de mantemento en parques e xardíns en Ferrol será adxudicado "en días", asegura o alcalde

José Manuel Rey Vareta tamén se referiu a outro importante servizo que está a día de hoxe sen contrato, como é o caso da limpeza viaria e a recollida de residuos sólidos urbanos

Por E.P. | Ferrol | 15/10/2024 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asegurou que "en días" o seu goberno ten previsto "adxudicar" o servizo de mantemento en parques e xardíns, que "leva sen contrato desde o ano 2017".

"O proceso segue o seu camiño e creo que falta a aprobación definitiva por parte da Xunta de goberno. Creo que podemos dicir que será en días e non semanas", asegurou. Ditas manifestacións realizounas o rexedor popular no mediodía deste martes no Concello de Ferrol a preguntas dos medios de comunicación tras finalizar a Xunta de goberno desta xornada.

Ademais, Rey Vareta tamén se referiu a outro importante servizo que está a día de hoxe sen contrato, como é o caso da limpeza viaria e a recollida de residuos sólidos urbanos.

Neste caso lembrou que esta encomenda, "outro gran contrato, que esta vencido desde o ano 2014, e esperamos quitalo a licitación nos próximos meses", xa que a idea do seu goberno "é que na primeira metade do mandato, estes servizos queden enfocados", tendo en conta que "o seu despregamento levará varios meses máis despois da súa adxudicación", detallando que a Concellaría de Servizos "está a traballar nese segundo gran contrato a regularizar".

Por outra banda, na Xunta de goberno deuse luz verde para realizar diversas obras no parque de Aquaciencia, coa adxudicación dos traballos á empresa Sergonsa Servizos S.L. por un importe de 120.223 euros.

VERTEDOIROS INCONTROLADOS

Ademais, Rei Varela anunciou que se iniciou "un proceso de licitación dun servizo que non existía neste momento, elde xestión de residuos de vertedoiros incontrolados" na zona rural, ao que se destinará 112.825 euros, dividido de dous lotes, dependido a natureza dos residuos, ademais de "unha segunda convocatoria de axudas e subvención de actividades de dinamización e promoción económica do Concello de Ferrol para este ano 2024".

Nesta convocatoria tamén se aprobou "as bases de agasallos de Nadal 2025 para que "ningún neno quede sen agasallo o Día de Reyes, unha campaña dirixida a nenos empadroados en Ferrol", e que non teñan cumpridos os 17 anos o 6 de xaneiro. A contía será de 50 euros e farase través dun bale que se entregará á familia beneficiaria.

Por último, tamén se deu luz verde "ao texto do convenio que renova o compromiso de permanencia da Biblioteca de Ferrol na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia".

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.. CONCELLO DE FERROL
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.. CONCELLO DE FERROL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta