Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2024 | Actualizada ás 13:31
A prohibición de consumir auga da traída municipal (para beber e para uso alimentario) mantense no municipio de Ordes, á espera das análiticas que poidan axudar a determinar a orixe dun brote de gastroenterite que afecta a varios veciños.
Segundo explicou a Europa Press o alcalde, Manuel González, aínda non se coñecen os resultados dos estudos, polo que as restricións indicadas por Sanidade seguen vixentes. Polo momento, apuntou, o Concello non adoptará ningunha outra medida ao considerar que "non é necesario".
A prohibición de consumir auga da traída, como "medida de precaución", entrou en vigor este martes, tras coñecerse varios casos de gastroenterites no municipio, con especial incidencia nunha das zonas máis afectadas polas inundacións causadas polo temporal Kirk.
Así, a restrición afecta a algo menos de 4.000 veciños, un 60 % da poboación, que se abastecen con auga dese sistema, aínda que moitas das familias, precisou o rexedor, tamén dispoñen de traídas particulares, ás que non afecta a prohibición.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.