Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2024 | Actualizada ás 13:03
O BNG anunciou no Senado unha "ofensiva institucional" para reclamar ao Goberno que garanta a continuidade dos traballos das investigadoras e investigadores que desenvolven a súa actividade baixo os programas Margarita Salgas e María Zambrano.
Este xoves, a senadora do Bloque, Carme da Silva, avanzou o rexistro de inicitivas nas que instan o Executivo a manter os apoios aos investigadores destes programas ante a próxima extinción das convocatorias ao cumprirse o período establecido (tres anos).
"O Goberno debe crear un plan continuado para garantir a viabilidade futura da carreira investigadora no marco do Pacto pola Ciencia", defendeu Da Silva, segundo recolle un comunicado emitido polo BNG.
As iniciativas da formación frontista avogan pola configuración dun programa anual de retención de talento, a incorporación de investigadores ás universidades públicas, a prórroga dos contratos e a creación de prazas permanentes. Para o Bloque, a extinción dos programas investigadores "suporá a interrupción de todo o traballo científico aberto co inicio deste programa e paralizará o impulso investigador", o que repercutirá nas universidades e a comunidade científica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.