A Deputación de Ourense entrega o Premio Xosé Aurelio Carracedo ao xornalista Luís Álvarez Pousa

Pola súa "longa e intensa traxectoria profesional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2024 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense entregou o XXXIII Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo ao xornalista Luís Álvarez Pousa pola súa "longa e intensa traxectoria profesional".

"Como formador das primeiras promocións de xornalistas galegos, o seu compromiso co xornalismo cultural e a súa capacidade para xerar pensamento e debate na sociedade desde revísta 'Tempos Novos', con 329 números consecutivos desde 1997", detallou a acta do xurado, segundo informou a Deputación nun comunicado.

O premio, que nesta edición inclúe unha dotación económica de 4.500 euros e placa de recoñecemento, será entregado nun acto que organizará a institución provincial antes de que finalice o ano.

O xurado tamén acordou deixar deserta a concesión da Bolsa Xosé Aurelio Carracedo, cunha dotación de 3.000 euros, para o mellor expediente de entre os presentados ao certame polos estudantes ourensáns que cursou o primeiro ano do grao de Xornalismo, no sistema público universitario español, correspondente ao ano académico 2022-2023.

xurado do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo
xurado do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta