Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2024 | Actualizada ás 18:21
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes condenou a Abanca a devolver 47.721,34 euros por non controlar as trasferencias fraudulentas tras a estafa a un home de 71 anos.
Segundo o fallo, que facilitou o despacho Pérez Lema Avogados, os feitos ocorreron o 14 de xuño de 2021 cando o titular da conta recibiu unha chamada dunhas persoas que se fixeron pasar por técnicos de Microsoft e dixéronlle que necesitaba instalar un antivirus, que tiña un custo de cinco euros.
Os estafadores fixéronse cos datos bancarios da vítima e realizaron sete transferencias. O home foi vítima dun engano, por terceiros "non recoñecidos", coñecido como 'estafa ou fraude de Microsoft'.
O home e a súa muller, tras ver os cargos no seu cartón, contactaron con Abanca para que lles bloquease as contas e o diñeiro dos movementos "non recoñecidos". O matrimonio "non obtivo unha resposta satisfactoria" por parte da entidade e puxo unha reclamación, o 5 de xullo de 2021, ante o servizo de atención ao cliente da entidade bancaria no que solicitou o reintegro do importe das transferencias non autorizadas.
CIRCUNSTANCIAS DO DEMANDANTE
Por todo iso, a maxistrada, tendo en conta as circunstancias do demandante --a súa avanzada idade, menores coñecementos tecnolóxicas e habilidades tecnolóxicas-- condenou a Abanca a devolverlle o diñeiro. A sala recala en que a entidade tamén debería contar con mecanismos adicionais para evitar que se fixesen trasferencias deste tipo que polas súas circunstancias --importe e unidade de acto-- requiría dun "especial deber de contraste e seguridade" e debería de "resultar sospeitosas para calquera observador sen formación especial e moito máis para unha entidade bancaria".
Ademais, incide en que o persoal de comprobación debería, polas rutineiras operacións dos clientes que non eran dese tipo, a facer unha chamada de comprobación e outro mecanismo análogo antes de verificar as operacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.