Os adiantos da PAC comezarán a abonarse en conta a partir da próxima semana

A Consellería do Medio Rural abonará "a próxima semana" 45 millóns de euros en adiantos dos pagos da Política Agraria Común (PAC). O resto farase a partir do 1 de decembro e ata o 30 de xuño de 2025.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2024 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural abonará "a próxima semana" 45 millóns de euros en adiantos dos pagos da Política Agraria Común (PAC). O resto farase a partir do 1 de decembro e ata o 30 de xuño de 2025. Así o aprobou este luns a reunión semanal do Consello da Xunta, tras a cal compareceron tanto o presidente, Alfonso Rueda, como a conselleira do ramo, María José Gómez.

Ambos reivindicaron que estes anticipos se producirán "con máis dun mes de adianto" e co obxectivo de "achegar liquidez" aos produtores. Precisamente, o Consello de Ministros aprobou a semana pasada adiantar ás comunidades autónomas un total de 2.600 millóns de euros (45 a Galicia) para os pagos da PAC. Na actual convocatoria, a Comisión Europea permite adiantar ata o 70 por cento, cando ata agora o máximo era o 50.

Varias vacas pastan cun fondo de monte queimado no Sollío, a 30 de marzo de 2023, en Baleira
Varias vacas pastan cun fondo de monte queimado no Sollío, a 30 de marzo de 2023, en Baleira | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta