Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 23/10/2024 | Actualizada ás 20:40
Caldeiros e trapos vellos para tentar conter a chuvia que entra polo tellado. Así están no centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo, desde hai semanas. Unhas pingueiras que xa no pasado chegaron a botar abaixo o teito e que, supostamente, foron reparadas hai uns meses.
A Plataforma Pola Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo (SOS Sanidade Pública Sanxenxo) piden e esixen que as obras de reparación e mantemento que se leven a cabo no centro de saúde estean debidamente supervisadas "e se realicen cun mínimo de garantías". "Non é normal que exista o mesmo problema de goteiras de forma recurrente ano tras ano", denuncia nun co municado.
Esta entidade reuniuse tras o verán e decidiu retomar as mobilizacións en defensa dunha sanidade pública de calidade, mediante reposicións do documental DEP ( Detruir Era o Plan) de SOS Sanidade Pública. Ademais realizarán charlas- coloquios e o bradoiros. "As baixas do persoal dos dous centros de saúde do concello seguen sen cubrirse e reitéranse os problemas de mantemento nas instalacións", indica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.