Buscan unha menor de 14 anos en Fisterra que leva desaparecida desde este martes

A menor é natural de Ordes. Fontes da Garda Civil confirmaron que a familia interpuxo unha denuncia pola desaparición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2024 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A Garda Civil activou un operativo de procura, centrado na zona costeira de Fisterra, a unha menor de 14 anos, de Ordes, que está desaparecida desde este martes.

Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que a familia interpuxo unha denuncia pola desaparición.

O dispositivo, con patrullas a pé e servizo aéreo (un helicóptero), céntrase na zona costeira, especialmente na contorna de Mar de Fóra.

Para tratar de localizala recorrerase á geolocalización do seu teléfono móbil e, precisamente, a procura céntrase na zona de Fisterra porque a comunicación que mantivo cunha amiga indicaría que é o último lugar no que hai constancia da súa presenza.

Vehículo da Garda Civil.. PAVI - Europa Press
Vehículo da Garda Civil.. PAVI - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta