Convocado un proceso para cubrir nove postos de Inspección en Educación que será recorrido polo sindicato ANPE

O sindicato ANPE xa avanza que solicita a súa retirada e que estes postos se cubran co persoal que non superou o último proceso selectivo, "do mesmo xeito que se fai co resto de docentes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2024 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP publicou este xoves a resolución que convoca o proceso selectivo para cubrir temporalmente nove postos en Inspección. O sindicato ANPE, un dos que conforman a mesa sectorial docente, pide a súa retirada e planea recorrelo. De acordo coa resolución, sairán a convocatoria estas nove vacantes para o curso 2024/25: dúas en Ourense, dúas en Pontevedra, dúas en Vigo, unha na Coruña, unha en Santiago e outra en Lugo.

O proceso constará de dúas fases: unha primeira con dúas probas eliminatorias e unha segunda de valoración de méritos. Para concorrer ao procedemento ábrese agora un prazo de solicitude dez días hábiles (ata o venres 8 de novembro). Por mor da publicación desta convocatoria no DOG, o sindicato ANPE xa avanza a Europa Press que solicitan a súa retirada e que estes postos se cubran co persoal que non superou o último proceso selectivo, "do mesmo xeito que se fai co resto de docentes". Igual que o fixo na reunión da mesa sectorial do pasado 15 de outubro, esta organización advirte que os seus servizos xurídicos atópanse preparando un recurso contra a resolución.

O presidente do sindicato ANPE Galicia, Julio Díaz, e o responsable do Defensor do Profesor, Julio Trashorras
O presidente do sindicato ANPE Galicia, Julio Díaz, e o responsable do Defensor do Profesor, Julio Trashorras | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta