Satse denuncia a proposta do Sergas para buscar enfermeiras extracomunitarias: "As solucións tenas en casa"

Satse considera que, antes de adoptar "esa medida de calado", o Sergas debe "fidelizar dunha vez por todas" ás case 1.400 enfermeiras que "seguen pendentes de que se resolva o seu proceso selectivo"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2024 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O sindicato de Enfermaría Satse tacha de "despropósito" que a Xunta promova unha reforma legal para que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) poida contratar a enfermeiras e outros profesionais diplomados que non teñan a nacionalidade española nin ningunha da Unión Europea.

"As solucións tenas na casa", asegura esta organización nun comunicado, despois de que esta semana transcendese esta medida incluída na lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos orzamentos para 2025.

Neste sentido, Satse considera que, antes de adoptar "esa medida de calado", o Sergas debe "fidelizar dunha vez por todas" ás case 1.400 enfermeiras que "seguen pendentes de que se resolva o seu proceso selectivo" convocado hai máis de dous anos.

Ademais, o sindicato estima que "ao redor de 600" destas profesionais traballan fóra de Galicia, ben noutras comunidades autónomas ou ben noutros países por condicións laborais.

Do mesmo xeito, Satse "en multitude de ocasións" propuxo á Xunta aumentar o número de prazas deste grao nas universidades --polo menos en 150--, porque os egresados "non son suficientes para substituír ás substitucións e cubrir as xubilacións".

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, defendía o martes que a falta de profesionais sanitarios era "en global", non só de médicos, e pedía ao Goberno central que acelerase as validacións de títulos extracomunitarios.

Oposicións de Enfermaría do Sergas
Oposicións de Enfermaría do Sergas | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta