Vía libre para a construción de instalacións eólicas nas Somozas e A Laracha

Así o recolle este martes o DOG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2024 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

A Xunta publica este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) as autorizacións para a construción de instalacións eólicas nas Somozas e A Laracha (A Coruña).

En concreto, publícase a resolución do 4 de outubro da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático pola que se outorgan a autorización de desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico Somozas (Monte da Serra, Monte Marbán e Monte Vilalbesa).

Tamén a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Somozas, sito no concello das Somozas (A Coruña) e promovido por Enerxías Ambientais de Somozas. O mesmo fai en relación á resolución do 21 de outubro da mesma Dirección Xeral pola que se outorga a autorización administrativa previa ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Pena Galluda, sito no concello da Laracha (A Coruña) e promovido por Vento Laracha.

Adega pide paralizar un parque eólico. ADEGA
Adega pide paralizar un parque eólico. ADEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta