A Asociación de Empresarios de Ferrolterra intégrase na Confederación de Empresarios

Agora serán unhas 1.500 as empresas que se agrupan baixo un mesmo paraugas empresarial no norte da Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2024 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia



O presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), Cristóbal Dobarro, asegurou que a integración da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF) na primeira entidade chegou ao seu fin e destacou que fai máis de tres décadas que os empresarios de Ferrol non estaban unidos baixo unha única representación.

Así o trasladou este luns durante un almorzo informativo, no que estivo acompañado, entre outros, de Anxo Torreiro, presidente durante o últimos catro anos da Asociación de Empresarios Ferrolterra e unha dos principais valedores desta integración.

Dobarro reiterou que "chegar a este momento no que poden anunciar que todos os empresarios de Ferrol están unidos, detrás dun mesmo logo, detrás dunha mesma institución" é para eles e para a súa contorna "algo importante"

O presidente de COFER asegurou que este novo escenario permitiralles ter un "maior peso específico" nas relacións, sobre todo coas distintas institucións públicas. "Boa falta fainos na comarca ir gañando peso específico en todas as nosas institucións para que todas as nosas reivindicacións históricas sexan atendidas", coa representación de "aproximadamente unhas 1.500 empresas", dixo.

NOVA IMAXE CORPORATIVA

No acto tamén se deu a coñecer "a nova imaxe corporativa" resultante da unión, ocon un logo que recurde tanto á Asociación de Empresarios de Ferrolterra como ao anterior logo da confederación.

Segundo trasladaron, está formado por tres colorees que se corresponden co tres comarcas e busca unha imaxe corporativa na que todos os empresarios da comarca sentan representados.

Pola súa banda, Anxo Torreiro asegurou que o contar cunha entidade empresarial máis forte "terán un maior peso e representación". Ademais, aínda que recoñeceu que "todo o proceso implica unha disolución", apostou por velo como unha "integración e unha fortaleza a nivel de representatividade empresarial".

Encontro entre alcaldes, sindicatos e empresarios de Ferrolterra para buscar unha forma de reindustrializar a zona
Encontro entre alcaldes, sindicatos e empresarios de Ferrolterra para buscar unha forma de reindustrializar a zona

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta