Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2024 | Actualizada ás 17:54
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica senllos anuncios polos que se abre un prazo dun mes para que afectados presenten alegacións ás solicitudes da empresa Erimsa para investigar a extracción de cuarzo de face á explotación dunha mina ao descuberto entre os municipios de Ordes e Oroso.
Erimsa, empresa con sede na Coruña --forma parte da compañía Elkem AS (Noruega)--, proxecta unha mina ao descuberto na comarca de Ordes dunhas 1.000 hectáreas para a extracción de cuarzo. Estima que a vida da explotación será de 30 anos, cun investimento de 5,9 millóns de euros.
O pasado mes de maio, a Xunta xa sacou información pública o proxecto de explotación e o estudo de impacto ambiental desta mina nos concellos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso.
Erimsa obtivo en 2015 un permiso de investigación (Andrea número 7137) para avaliar a extracción de cuarzo. Agora, reformula o proxecto da mina para recortar unhas 160 hectáreas respecto do previsto inicialmente e reduce a súa proximidade ao río Tambre.
Esta mina proxéctase en zona de produción agraria, polo que a empresa prevé o aluguer de leiras para os traballos, aínda que avisa que os propietarios non poderán incluílas na súa solicitude de axudas da PAC e "as parcelas declaradas en produción ecolóxica perderían a súa condición de inscritas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.