Por E.P. | Santiago | 06/11/2024 | Actualizada ás 14:23
O maxistrado Fernando Lousa; a xuíza afgá Rahima Sabiri; a ONG Ecos Do Sur; a Asociación de Xóvenes Emprendedores de Lugo (AXEL); o centro Alumar de Cáritas, en Ourense; e a editora Teresa Zataraín foron recoñecidos cos premios Meninas Galicia 2024, e recollerán os galardóns nun acto o vindeiro venres 22 de novembro no Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela).
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, comunicou aos gañadores o fallo do xurado este mércores, segundo confirmou a propia Delegación. Con estes premios, o Goberno recoñece a responsabilidade dos galardoados na súa loita por erradicar a violencia de xénero, o seu apoio ás vítimas e a procura da igualdade de xénero.
Os recoñecementos Meninas chegan á súa sétima edición consecutiva celebrada en Galicia, desde a súa creación en 2004. Pedro Blanco será o encargado de presidir o acto institucional, que ten como escenario a celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Ademais dos propios premios, concederanse cinco menciones honoríficas a nivel autonómico e provincial, que recaerán sobre a asociación 'Teenses pola igualdade' de Teo (A Coruña); a axente da Unidade de Atencion á Famila e a Muller (UFAM) da comisaría de Santiago, Alejandra Domínguez; a policía da UFAM da comisaría de Viveiro (Lugo), María José Vidal; o policía da UFAM da comisaría de Marín (Pontevedra), Aníbal Aguiar; e a cabo Cristina Rodríguez, do equipo Viogen da Garda Civil de Celanova (Ourense).
Igualmente, por segundo ano, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galica, recoñécese o labor dos medios na loita contra a violencia de xénero. Así, as xornalistas Susana Pedreira e Diana López recibirán unha mención especial polo seu proxecto 'As mulleres que opinan son perigosas'.
Esta iniciativa concretouse nun foro profesional de mulleres xornalistas que se celebra anualmente en Pontevedra, e no libro 'As mulleres que opinan son perigosas. Catro anos e unha pandemia'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.