O PIB de Galicia crecerá un 3,2% en 2024, menos que a media do Estado

Nos tocante ás taxas de variación intertrimestrais, Galicia é unha das cinco comunidades con menor crecemento, con só un 0,7%.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/11/2024 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia crecerá un 3,2% no terceiro trimestre de 2024 en taxa interanual, dúas décimas por baixo da media do 3,4% de España, segundo a estimación da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef) publicada este mércores.

Rueda e Corgos, tras o Consello da Xunta
Rueda e Corgos, tras o Consello da Xunta | Fonte: David Cabezón

A Airef prevé que Canarias, Baleares, Castela e León, Cataluña, Aragón, Navarra, A Rioxa, Madrid e Comunidade Valenciana sexan as rexións que máis crezan en taxas interanuais, por encima da media estatal do 3,4%. En concreto, o organismo económico outorga a Canarias o maior crecemento do PIB, seguida de Baleares, con incrementos do 4,3% e 4,1%, respectivamente. Seguindo estas taxas interanuais sitúanse posteriormente Castela e León, cun 3,7% e Cataluña e Aragón, cun 3,5%.

E en equilibrio da media, con 3,4%, a Airef prevé que se sitúen Navarra, A Rioxa, Madrid e a Comunidade Valenciana. Xa por baixo estarían País Vasco (3,3%); Galicia e Murcia (3,2%); Asturias (3,1%); Cantabria (3%); Castela-A Mancha, Andalucía e Estremadura (2,9%).

Nos tocante ás taxas de variación intertrimestrais, Galicia é unha das cinco comunidades con menor crecemento, con só un 0,7% (do mesmo xeito que Murcia, Castela-A Mancha e Andalucía). Todas por baixo da media española do 0,8%.

Baleares sitúase como a comunidade con maior crecemento, do 1,1%, seguida de Comunidade Valenciana, cun 1%. Por encima da media tamén se atopan Cantabria, Asturias e Madrid, cun 0,9%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta