Tellado acusa o Goberno de "sacar tallada política da traxedia" de Valencia e carga contra Teresa Ribeira

O portavoz do PP no Congreso lamenta que a vicepresidenta terceira estivera máis centrada en sua carreira política que nas súas responsabilidades en España.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/11/2024 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, acusou ao Goberno de "sacar tallada política da traxedia" que afectou a Valencia e cargou contra a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, ao considerar que estaba máis preocupada das súas ambicións políticas europeas que das súas responsabilidades no Goberno español. Tellado criticou que Ribera non estivo á altura durante a crise, xa que, segundo el, se mostrou ausente e pouco implicada na xestión dos feitos que afectaron á comunidade valenciana.

A vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Democrático, Teresa Ribera
A vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Democrático, Teresa Ribera | Fonte: EP

Tellado valorou positivamente o traballo realizado pola Generalitat e lamentou que, durante a crise, o Goberno central estivo afastado da zona afectada. Mencionou que mentres o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, estaba en India, e Teresa Ribeira en Bruxelas, a Generalitat estaba a traballar en estreita colaboración co Cecopi para xestionar a situación. Criticou que o Goberno de España deixase soa á Generalitat en momentos de necesidade.

No mesmo sentido, Tellado chamou á unidade política para facer fronte á catástrofe e subliñou que o PP apoiaría todas as accións do Goberno en favor das vítimas. A pesar das críticas ao Executivo, o portavoz popular deixou claro que o PP está disposto a apoiar os decretos de axuda para as persoas afectadas, pero tamén demandou un apoio máis efectivo, asegurando que "non basta con dar créditos, senón que se necesita un apoio firme e real".

O portavoz do PP tamén denunciou que o PSOE antepuxera os seus intereses políticos á situación de emerxencia en Valencia. Lamentou que, en pleno drama, o Goberno centrase as súas preocupacións na toma de control de RTVE e na aprobación dos Orzamentos, en lugar de dar prioridade ás necesidades dos afectados. Criticou que o PSOE estivese máis interesado en avanzar nos seus obxectivos políticos que en atender as vítimas da traxedia.

Por último, Tellado reafirmou a súa confianza na xestión da Generalitat, subliñando que a resposta ante a catástrofe foi "áxil e eficaz". En contraste, acusou ao Goberno de España de estar ausente e de non ter estado á altura da situación desde o primeiro momento. O portavoz popular reiterou que o presidente da Generalitat, Carlos Mazón, comparecerá ante as Cortes valencianas para dar contas da súa xestión, mentres que o Goberno de Pedro Sánchez "evitará o control parlamentario".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta