Sumar no Congreso exixe un modelo de negocio sostible e igualitario para Navantia

O grupo parlamentario busca modernizar a empresa e promover a contratación de mulleres nos estaleiros, ao tempo que defende o emprego de calidade.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/11/2024 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Sumar defenderá esta semana no Congreso unha proposición non de lei para instar á empresa pública Navantia a acelerar a negociación dun novo convenio colectivo, pendente desde fai tres anos. A proposta tamén solicita que este convenio garanta unhas condicións laborais xustas e permita a participación do persoal no deseño do Plan Estratéxico da empresa, que deberá incorporar criterios de sustentabilidade e modernización, tendo en conta a crise climática.

Arquivo - A deputada de Sumar e vicepresidenta terceira da Mesa do Congreso, Esther Gil de Reboleño, e o deputado de Sumar, Manuel Lago. SUMAR - Arquivo
Arquivo - A deputada de Sumar e vicepresidenta terceira da Mesa do Congreso, Esther Gil de Reboleño, e o deputado de Sumar, Manuel Lago. SUMAR - Arquivo | Fonte: Europa Press

O grupo parlamentario tamén pide que o Plan Estratéxico inclúa un modelo de negocio compatible co emprego de calidade, a redución da temporalidade e a igualdade de xénero, promovendo a contratación de mulleres nos estaleiros. Adicionalmente, Sumar esixe que a negociación do convenio se realice con "máxima transparencia", garantindo que a empresa facilite toda a información necesaria aos traballadores para unha negociación xusta e democrática.

Sumar tamén propón unha serie de medidas para reforzar a solvencia financeira de Navantia, renovando infraestruturas e equipos, e apostando pola construción e reparación de buques de tipo civil. Ademais, o grupo solicita mellorar as relacións comerciais da empresa coas súas industrias auxiliares, garantir o cumprimento das normas sociolaborais e fomentar a Formación Profesional Dual para cubrir as futuras necesidades de persoal formado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta