Tres novas patoloxías poderán ser detectadas durante o cribado neonatal, chegando así o total a 37

En concreto, desde esta mesma semana, incorpórase unha doenza xenética que provoca déficits neuropsiquiátricos e insuficiencia suprarenal; outra que pode causar discapacidade intelectual grave e que sen tratamento provoca a morte na primeira década de vida; e a enfermidade de Pompe, unha deterioración muscular que sen tratamento provoca a morte do paciente no primeiro ano de vida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2024 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

A Xunta suma desde esta mesma semana tres novas patoloxías ao seu cribado nenonatal, polo que as enfermidades que será posible detectar na comunidade galega aos recentemente nados ascenden a 37. Así o avanzou o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior á reunión semanal do Executivo autonómico, que este luns se celebrou no municipio coruñés de Noia. En concreto, desde esta mesma semana, incorpórase unha doenza xenética que provoca déficits neuropsiquiátricos e insuficiencia suprarenal; outra que pode causar discapacidade intelectual grave e que sen tratamento provoca a morte na primeira década de vida; e a enfermidade de Pompe, unha deterioración muscular que sen tratamento provoca a morte do paciente no primeiro ano de vida.

Segundo detallou Rueda, esta incorporación suporá 500.000 euros máis que se engaden aos que xa dedicaba a Consellería de Sanidade aos cribados neonatais, pero o presidente autonómico destacou que os resultados "avalan que hai que seguir por aquí". "A día de hoxe, practicamente o 100 % dos bebés que nacen en Galicia sométense a estas probas e desde a súa posta en marcha xa se realizaron case 500.000 e foron detectados 679 casos, que de non ser detectados as consecuencias serían moito máis graves", sinalou. Así mesmo, Rueda puxo en valor que Galicia multiplica "por tres" as enfermidades obxecto de cribado que establece como obrigatorios o Ministerio, xa que "a nivel nacional son 11 e aquí hoxe chegamos a 37".

Bebé recén nado
Bebé recén nado | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta