Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2024 | Actualizada ás 10:16
Galicia experimenta este mércores unha xornada de aviso amarelo por fortes ventos nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense a partir desta tarde e ata o xoves. Espéranse refachos superiores aos 80 quilómetros por hora.
Segundo informa Meteogalicia, o vento do nordeste será máis forte pola noite, con aviso amarelo no litoral e zonas altas. Ese aviso xa está activo desde esta mañá de mércores no mar na provincia da Coruña.
Os chuvascos do terzo norte irán a menos co avance da mañá e pola tarde as choivas chegarán polo sur da comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.