En Marea estará no equipo de Podemos que negocie co PSOE

Íñigo Errejón suliña que nese equipo haberá xente que xa estivo na rolda de prensa na que Podemos fixo pública a súa oferta de goberno ao PSdeG, entre elas, Alexandra Fernández. Alerta sobre o risco de espectacularizar" as negociacións como "se fosen un duelo do 'far west'".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 03/02/2016 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

Un representante de En Marea estará no equipo de Podemos que negociará a conformación do vindeiro goberno co PSOE. Así, o suliñou o portavoz desta formación no Congreso, Íñigo Errejón, que dixo que irán coas confluencias territoriais ás negociacións cos socialistas e que todos terán representación no equipo negociador.

Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.
Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.

Polo momento, Podemos non desvelou quen serán os integrantes dese equipo negociador, pero Errejón destacou que haberá “compañeiros" que se presentaron o día que fixeron pública a súa oferta de Goberno nunha rolda de prensa na que ademais del mesmo, compareceron outros membros do grupo parlamentario como Carolina Bescansa, Irene Montero, Xavier Domenech (En Comú) e Alexandra Fernández (En Marea).

"Nós somos un só grupo parlamentario, Podemos-En Comú Podem-En Marea, un grupo parlamentario plurinacional, e negociaremos cunha soa voz. Iso inclúe que dentro dos nosos equipos negociadores haberá compañeiros representantes de En Comú Podem e En Marea”, destacou.

Nestas negociacións Podemos volverá poñer sobre a mesa a necesidade de que un Goberno de cambio tería que representar o que votaron os españois, e por tanto, estar encabezado polo PSOE, pero tamén ser proporcional de maneira que a formación morada ocupe a posición que lle deron as urnas.

"Perdéronse moitos días", dixo tras lembrar que o seu partido xa presentou a "única" proposta de Goberno que se coñece até agora e grazas á que Mariano Rajoy tivo "que dar un paso atrás" mentres o líder do PSOE "non se moveu demasiado". 

Por iso, emprazou ao PSOE a tomar unha decisión e elixir entre ese Goberno de cambio con Podemos e EU ou unha "gran coalición" con PP e Ciudadanos. "Toca decidirse", engadiu. Na súa opinión se o PSOE ten vontade política será posible o acordo porque se dan as condicións para un Goberno que "nos primeiros cen días se poña a traballar para rescatar á xente máis golpeada pola crise".

Con todo, alertou ante o "risco de espectacularizar" as negociacións como "se fosen un duelo do 'far west'" pensando nos negociadores cando o máis importante non é quen senten á mesa, senón que vontade política se manifeste.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

17 Flower power

jajajaja non sei se rir ou chorar, tamén os deputados galegos do PPSOE "negocian" dende o seu propio partido. Bipartidismo a catro patas que entra millor, algún destes "jippiotas" tocoulles a loteria, a cabezona tiña cando saeu de putada 370 euros na sua conta, e un compañeiro ren de rian, vaia aval de exito na vida e no mundo laboral, que teñen estres frikis. Estes son os que ian poñer no cinto aos banqueiros, FMI e troika...jajaja que me esperrecho!

1 R. Oubiña

Non todos tiveron a "sorte" de ser criado do grande excravista do seculo XXI, don Amancio Ortega, como foches ti. Sorprende os escasos fondos, sera que de verdade chegaron xente da rua ao parlamento. O que debe preocuparnos agora sera que non se apoltronen, facendose profesionais da politica, como fixeron os teus do Bloque (por ducias, sen oficio nin beneficio fora do partido e do sindicato). E agora Da Silva ainda pretende eliminar a limitacion de mandatos para seguir mamando. Conservadores dos privilexios, a casta do Bloque debe ser o antimodelo a non imitar.

16 Comunista

Se a Marea está, Galiza está. E agora, tamén, decide.

15 Noticias de liberadas

Existen outros sistemas para relanzar o nacionalismo. O de estar toda a vida liberado. É a filosofía do BNG de Pontevedra e das que na súa vida non traballaron noutra cousa que non fose de liberada. Dúas concelleiras da UPG pregan pola súa eternidade política sen vergonza e con descaro ante o último Consello Nacional do BNG. Noticia que, evidentemente, non se publicou en Sermos, senon no Diario de Pontevedra: http://diariodepontevedra.galiciae..... Para que os "intelectuais orgánicos" vexan como é na realidade o Modelo Pontevedra.

14 Un de Sada

O máis triste detes "patriotas" de pacotilla e que non lles mola nada a presenza de en marea en Madrid. Como mínimo son tan patriotas coma vos, e o máis perto que estivemos nunca dunha representación netamente galega no parlamento do estado. E eso non o aturan Saille a bilis pola boca. Que pena!! Así nos vai!!

13 gandalf

Alguén ten que levar os cafés e tomar os apuntes.