En Marea estará no equipo de Podemos que negocie co PSOE

Íñigo Errejón suliña que nese equipo haberá xente que xa estivo na rolda de prensa na que Podemos fixo pública a súa oferta de goberno ao PSdeG, entre elas, Alexandra Fernández. Alerta sobre o risco de espectacularizar" as negociacións como "se fosen un duelo do 'far west'".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 03/02/2016 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

Un representante de En Marea estará no equipo de Podemos que negociará a conformación do vindeiro goberno co PSOE. Así, o suliñou o portavoz desta formación no Congreso, Íñigo Errejón, que dixo que irán coas confluencias territoriais ás negociacións cos socialistas e que todos terán representación no equipo negociador.

Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.
Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.

Polo momento, Podemos non desvelou quen serán os integrantes dese equipo negociador, pero Errejón destacou que haberá “compañeiros" que se presentaron o día que fixeron pública a súa oferta de Goberno nunha rolda de prensa na que ademais del mesmo, compareceron outros membros do grupo parlamentario como Carolina Bescansa, Irene Montero, Xavier Domenech (En Comú) e Alexandra Fernández (En Marea).

"Nós somos un só grupo parlamentario, Podemos-En Comú Podem-En Marea, un grupo parlamentario plurinacional, e negociaremos cunha soa voz. Iso inclúe que dentro dos nosos equipos negociadores haberá compañeiros representantes de En Comú Podem e En Marea”, destacou.

Nestas negociacións Podemos volverá poñer sobre a mesa a necesidade de que un Goberno de cambio tería que representar o que votaron os españois, e por tanto, estar encabezado polo PSOE, pero tamén ser proporcional de maneira que a formación morada ocupe a posición que lle deron as urnas.

"Perdéronse moitos días", dixo tras lembrar que o seu partido xa presentou a "única" proposta de Goberno que se coñece até agora e grazas á que Mariano Rajoy tivo "que dar un paso atrás" mentres o líder do PSOE "non se moveu demasiado". 

Por iso, emprazou ao PSOE a tomar unha decisión e elixir entre ese Goberno de cambio con Podemos e EU ou unha "gran coalición" con PP e Ciudadanos. "Toca decidirse", engadiu. Na súa opinión se o PSOE ten vontade política será posible o acordo porque se dan as condicións para un Goberno que "nos primeiros cen días se poña a traballar para rescatar á xente máis golpeada pola crise".

Con todo, alertou ante o "risco de espectacularizar" as negociacións como "se fosen un duelo do 'far west'" pensando nos negociadores cando o máis importante non é quen senten á mesa, senón que vontade política se manifeste.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

12 antolín o dos cubatas

E os de NOS caga en que equipo están?

1 Chin Chan

Xa bebiches outra vez Antolíiiiiiin? Déixao oh non ves que te estás botando a perder....

11 balbino

Pero quen escribe isto? Digo eu que a noticia será que compromis negociará e defendera os seus intereses mentres outros serán uns diputados máis dentro de podemos que tratan de formar goberno co Psoe, pacto de goberno que criticaron os de marea cando o facía o BNG pero bueno todo vale con tal de cargarnos o nacionalismo galego.

10 Vaselina Bescansa

Os Podemitos perden o cu por pactar coa casta do PSOE,

9 Ana

¿A quen non lle conven que se repitan as eleccions?. Eu penso que a PSOE e Ciudadanos. O primeiro pq sufriría o "sorpaso" de Podemos quen sumaria os votos que foron a IU. E no caso de Ciudadanos sufriría o "voto útil" ao PP. Pois tede claro que estes dous partidos (PSOE e Ciudadanos) chegaran a algún acordo de goberno ou cando menos faran o paripé para que pareza que Podemos e PP son os responsables de que non se forme goberno. Tanto PSOE coma Ciudadanos están intentando gañar tempo xa que cada dia é mais claro que teñen pouco de ideoloxia e moito de ambicion de tocar poder, de ahí que tanto lles de pactar con dereita ou esquerda. Un consello a Podemos: se dialogades co PSOE que sexa diante das cámaras de televisión e buscade a confluencia no estado con IU para as próximas eleccions.

8 per

Que barbaridade ,, que maravilla ,,, estaran no grupo de Podemos nono podo creeer,,, o sabado pola noite non me perdo a 6ª,, que emocion