En Marea estará no equipo de Podemos que negocie co PSOE

Íñigo Errejón suliña que nese equipo haberá xente que xa estivo na rolda de prensa na que Podemos fixo pública a súa oferta de goberno ao PSdeG, entre elas, Alexandra Fernández. Alerta sobre o risco de espectacularizar" as negociacións como "se fosen un duelo do 'far west'".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 03/02/2016 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

Un representante de En Marea estará no equipo de Podemos que negociará a conformación do vindeiro goberno co PSOE. Así, o suliñou o portavoz desta formación no Congreso, Íñigo Errejón, que dixo que irán coas confluencias territoriais ás negociacións cos socialistas e que todos terán representación no equipo negociador.

Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.
Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.

Polo momento, Podemos non desvelou quen serán os integrantes dese equipo negociador, pero Errejón destacou que haberá “compañeiros" que se presentaron o día que fixeron pública a súa oferta de Goberno nunha rolda de prensa na que ademais del mesmo, compareceron outros membros do grupo parlamentario como Carolina Bescansa, Irene Montero, Xavier Domenech (En Comú) e Alexandra Fernández (En Marea).

"Nós somos un só grupo parlamentario, Podemos-En Comú Podem-En Marea, un grupo parlamentario plurinacional, e negociaremos cunha soa voz. Iso inclúe que dentro dos nosos equipos negociadores haberá compañeiros representantes de En Comú Podem e En Marea”, destacou.

Nestas negociacións Podemos volverá poñer sobre a mesa a necesidade de que un Goberno de cambio tería que representar o que votaron os españois, e por tanto, estar encabezado polo PSOE, pero tamén ser proporcional de maneira que a formación morada ocupe a posición que lle deron as urnas.

"Perdéronse moitos días", dixo tras lembrar que o seu partido xa presentou a "única" proposta de Goberno que se coñece até agora e grazas á que Mariano Rajoy tivo "que dar un paso atrás" mentres o líder do PSOE "non se moveu demasiado". 

Por iso, emprazou ao PSOE a tomar unha decisión e elixir entre ese Goberno de cambio con Podemos e EU ou unha "gran coalición" con PP e Ciudadanos. "Toca decidirse", engadiu. Na súa opinión se o PSOE ten vontade política será posible o acordo porque se dan as condicións para un Goberno que "nos primeiros cen días se poña a traballar para rescatar á xente máis golpeada pola crise".

Con todo, alertou ante o "risco de espectacularizar" as negociacións como "se fosen un duelo do 'far west'" pensando nos negociadores cando o máis importante non é quen senten á mesa, senón que vontade política se manifeste.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

7 per

Que barbaridade ,, que maravilla ,,, estaran no grupo de Podemos nono podo creeer,,, o sabado pola noite non me perdo a 6ª,, que emocion

6 Eu mesmo

Pois o neno non sei se mentirá, unha vez máis: http://www.elconfidencial.com/elecc...

5 Próculo

E logo ondeían estar despois da espantada casra Podemos?

4 Ana

Podemos non deberia caer no xogo do PSOE que o que busca e gañar tempo dialogando con todos para finalmente pactar con Ciudadanos. Todos sabemos que o PSOE pactara primeiro con Ciudadanos e logo pediralle a Podemos a abstencion e como saben que Podemos non pode apoiar un goberno coa dereita neoliberal culparan a Podemos de que non sexa posible formar goberno. Ninguen ve o actual PSOE compartindo ministerios con Podemos, apoiando acabar coas portas xiratorias ou defendendo medidas que perxudiquen o gran capital fronte a maioria social. O PSOE é tan neoliberal coma PP e Ciudadanos e tan responsable coma o PP da situacion actual do pais (paro, precariedade, debeda publica, desahucios, privatizacions,etc).

3 Atlantico

Decidiron ser ollos dun león que esculquen, cun nariz que olfactee e unhas orellas que escoiten e estean alerta para contribuír na limpeza desa "merda" (arremedando ao primeiro comentarista) como protagonistas en primeira fila e tamén para intentar modificar a realidade coa enerxía do bruar dun león que ten a cabeza na Galicia que representan, colaborando con outras nacións do Estado na procura deses cambios para os que foron elixidos pola cidadanía galega como segunda forza política.