Sanidade asegura que "cumpre estritamente os procedementos" da Lei de Eutanasia

Así o trasladou este xoves despois de que os socialistas acusasen á Xunta de "fallar" no dereito á morte digna ao asegurar que "numerosas persoas quedan atrapadas na burocracia" e avanzase unha batería de iniciativas parlamentarias para garantir unha tramitación áxil e respectuosa da eutanasia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2024 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade respondeu ao Partido Socialista de Galicia que "cumpre estritamente os procedementos" establecidos na Lei orgánica 3/2021, do 21 de marzo, de regulación da eutanasia. Así o trasladou este xoves despois de que os socialistas acusasen á Xunta de "fallar" no dereito á morte digna ao asegurar que "numerosas persoas quedan atrapadas na burocracia" e avanzase unha batería de iniciativas parlamentarias para garantir unha tramitación áxil e respectuosa da eutanasia.

A Consellería de Sanidade sostivo que se trata dun "procedemento complexo, estritamente regulado nos pasos e trámites que se deben seguir". "Por exemplo, está establecido na lei que, entre a primeira e a segunda solicitude do paciente debe transcorrer un período mínimo de 15 días", destaca. Neste punto, explica que, con carácter xeral, non existe ningún procedemento abreviado para a prestación da axuda a morrer, senón que "existe un único procedemento para aplicar cando o paciente conserva a capacidade da toma de decisión, sendo o mínimo necesario para o cumprimento da lei duns 40 días".

Por tanto, Sanidade subliña que "é a lei estatal a que establece os requisitos da solicitude de prestación da axuda para morrer", as actuacións que se deben seguir cando existe unha solicitude e os prazos previstos. "Neste marco, o departamento sanitario galego resolve todas as dúbidas que formulan tanto os pacientes como os profesionais", indicou.

Manifestación en Madrid a prol do dereito á morte digna no día en que o Congreso aproba a lei de eutanasia
Manifestación en Madrid a prol do dereito á morte digna no día en que o Congreso aproba a lei de eutanasia | Fonte: Marta Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta