Constatan uns catro enterramentos clandestinos nas escavacións feitas no cemiterio do Val, en Narón

Segundo o informe histórico previo, un mínimo de 51 persoas vítimas da violencia da Guerra Civil e franquismo serían enterradas en distintas datas desde finais de agosto de 1936 a 1938

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2024 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

As escavacións que se realizan desde o pasado 4 de novembro no cemiterio do Val, en Narón, constataron a aparición de polo menos catro enterramentos clandestinos, ademais da localización doutro oito corpos que deberán de ser analizados para constatar este traballo de campo.

Así o trasladaron desde a entidade Histagra (Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural), pertencente á Universidade de Santiago (USC), que a través do seu equipo do Plan de Memoria Democrática de Galicia é o responsable destes traballos de exhumación.

Esta fase da intervención, que finaliza este venres, consistiu na realización dunha gabia na parte dianteira duns nichos, que se dividiu en varios sectores.

Así, nun deles, "onde se concentra a gran maioría dos sinais de violencia atopadas ata o momento" constatáronse como mínimo catro individuos en posición non funeraria. Así, Histagra considera que, con claridade, trátase dun enterramento clandestino.

Noutro sector, tamén se localizou "un individuo" que podería tratarse dalgunha das vítimas que se buscan. Con todo, indicaron que este extremo non se puiden determinar sen completar a escavación debido ás construcións dos nichos na parte superior.

Noutra zona constatan o achado de "sete individuos, en posicións aparentemente funerarias, e todos, salvo un deles, no que parecen observarse sinais de violencia no cranio".

Esta fase preliminar incide en que "podería tratarse dun enterramento clandestino compartido con enterramentos funerarios convencionais, pero tamén poderían interpretarse como enterramentos convencionais todos eles". Por iso, os responsables da actuación sinalan que "non é posible avanzar máis sen exhumar o que queda debaixo dos nichos". Ademais, indicaron que "se traballou ata onde se puido, tratando de manter unas as condicións de seguridade óptimas".

DIFERTES FORMAS DE ENTERRAMENTOS

Histagra apunta que "se pode concluír que se observan diferentes fases e dinámicas de enterramentos" e que, segundo os indicios atopados, concéntranse debaixo dos nichos e van a maior profundidade". Por iso, consideran que "se debe ter en conta que toda esta información" trátase dunha "valoración preliminar, que necesita dun tratamento crítico reflexivo posterior, cunha posta en común co equipo" responsable destes traballos.

Estes traballos tiñan como obxectivo "confirmar a localización da fosa, delimitar as súas dimensións e determinar o seu grao de alteración debido á posterior construción de nichos encima". Segundo o informe histórico previo, un mínimo de 51 persoas vítimas da violencia da Guerra Civil e franquismo serían enterradas en distintas datas desde finais de agosto de 1936 a 1938.

Todos eles eran homes e a gran maioría tiñan entre 18 e 30 anos, sendo mariñeiros, oficiais e suboficiais de Armada e que foron executados tras ser sentenciados por un tribunal militar a pena de morte. De forma concreta, os sucesos de mediados de decembro, con máis de 30 asasinatos, constitúen unha das maiores execucións colectivas das que temos constancia en Galicia.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro visita o cemiterio de Santa María do Val, en Narón (A Coruña). PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro visita o cemiterio de Santa María do Val, en Narón (A Coruña). PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta