Lanzan unha bomba de palenque contra un edificio en Arzúa

Houbo danos materiais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2024 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

Os Bombeiros de Arzúa tiveron que acudir durante esta madrugada nun incidente provocado polo lanzamento dunha bomba de palenque que impactou nun edificio situado na Praza de Galicia, no municipio coruñés, e que causou numerosos danos nunha notaría.

Segundo informou o consorcio provincial, o suceso produciuse sobre as 00.45 horas. Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que se lanzou unha bomba de palenque desde a rúa que impactou contra o segundo piso do edificio no que se atopa o Bar Praza, provocando a caída de cascallos e cristais á vía pública.

A vivenda, unha notaría, atopábase desocupada neses momentos, polo que non se produciron danos persoais, pero si materiais, xa que, ademais da rotura do cristal, os bombeiros confirmaron que a caixa da xanela estaba desprazada e fóra de sitio e onda expansiva tamén afectou o inmoble, sen chegar a producirse incendio.

A continuación, os efectivos desprazados procederon á retirada de marcos e caixa de persiana e sinalizaron a zona. Tamén limparon os cristais da rúa e de notaríaa. No operativo, ademais dos bombeiros, tamén participaron axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil da localidade.

Inmoble afectado polo lanzamento dunha bomba de palenque en Arzúa /BOMBEIROS ARZÚA / Europa Press
Inmoble afectado polo lanzamento dunha bomba de palenque en Arzúa /BOMBEIROS ARZÚA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta