Eva Solla: "Nas galegas hai que facer máis participativo o proceso de En Marea"

A Coordinadora Nacional do Partido Comunista en Galicia destaca que os acordos que se cheguen para as eleccións autonómicas serán en base a "programas e ideas comúns". Destaca nesta entrevista o traballo realizado por AGE nestes tres anos e medio.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Eva Solla, membro do Consello Politico Nacional de Esquerda Unida e vicevoceira parlamentaria de AGE, tamén fala dos problemas xurdidos en Izquierda Unida pola presenza de tres deputados no grupo plurinacional de Podemos. "Marchariamos", di se saira aprobada a postura de Cayo Lara. "Nós temos claro que o importante é traballar con outras formacións polo ben de Galicia e das clases traballadoras", engade.

Eva Solla, coordinadora do PC en Galicia e membro do Consello Político Nacional de EU
Eva Solla, coordinadora do PC en Galicia e membro do Consello Político Nacional de EU | Fonte: aleasiu.org

Sobre algúns dos seus compañeiros críticos da Arousa é contundente. "As discrepancias políticas son aceptables pero non as saídas de tono", di en relación ao secretario de EU-Arousa que pediu a dimisión de Yolanda Díaz.

Solucionáronse xa as diferencias na Dirección Federal de Izquierda Unida pola presenza de Yolanda Díaz e outros dous deputados no grupo plurinacional de Podemos?
Iso xa quedou resolto. Non hai nada a maiores. Eu non copartía a postura que levou unha parte do partido á Dirección Federal porque o traballo e a participación de IU nas distintas confluencias fora aprobado, previamente, nos distintos órganos do partido.

E por que parte da Federal quixo botar abaixo eses pactos agora?
É unha aposta que consideramos errada. Cremos que hai que continuar pola mesma vía de traballo nas confluencias políticas. Non aceptariamos que se romperan as confluencias.

Entón, marchariades de IU se saíra aprobada a postura de Cayo Lara?
Obviamente... Pero os compañeiros da Federal así o entenderon e aprobaron, e por iso seguimos traballando xuntos.

E que pasa con sectores de Lugo e da Arousa, que seguen sendo moi críticos, especialmente, con Yolanda Díaz?
Son minorías dentro da afilición. Todos os posicionamentos son válidos pero nós temos claro que o importante é traballar con outras formacións polo ben de Galicia e das clases traballadoras. As discrepancias políticas son aceptables pero non as saídas de tono.

Entón non hai pensamento único?
Non hai pensamento único na organización. O que hai é unha folla de ruta clara tanto nos documentos de EU como de IU. E, insisto, a propia confluencia foi aprobada pola dirección Federal.

Entendo que seguiredes polas confluencias?
Si, si... Traballaremos para mellorar ese proceso. Comezamos no 2012 con AGE pero o proceso foi abrindose e mudando. Ese é o camiño e a vía e xa non estamos nel as organizacións políticas.

Supoño que nestes problemas tivechedes o apio de Anova e Podemos, non?
Esas son cuestións internas. En todo caso, calquera pode ver a relación que temos e o traballo que se visualiza nas confluencias.

Falando de relacións, como ves o panorama para as galegas?
De momento é precipitado falar diso. En todo caso, nós imos traballar na mesma liña que En Marea e tentaremos mellorar a participación no proceso, que, obviamente, pode ser ampliado e, se é así, moito mellor. Temos que traballar para a propia clase traballadora que ve que tras 8 anos do PP as súas condicións de vida non só non melloraron, senón que empeoraron. Temos temas nos que hai que traballar e o importante é o programa, un programa que poñamos en común entre todos e todas.

Supoño que non será un acordo desde arriba entre as organizacións políticas?
Nunca houbo tal.

E logo, non houbo un pacto asinado entre Podemos, Anova e EU antes das xerais?
Era necesario o diálogo entre as forzas políticas porque o formato que tivo En Marea era unha coalición. Pero houbo asembleas das mareas e da Marea Galega. O proceso foi máis participado. En todo caso, é certo, que para as galegas hai que tentar abrir este espazo máis e que sexa aínda máis participativo... Que participe máis xente a título individual. Por iso son moi necesarias esas asembleas municipais. Pero tamén é normal que neste proceso haxa xuntanzas entre organizacións políticas.

Hai colectivos sociais e políticos que xa amosaron a súa intención en participar dunha gran marea galega; Cerna, xente de CxG e outros colectivos, moitos do abano nacionalista
As propias formacións son as que teñen que decidilo e os demais non podemos entrometernos. Pero os acordos aos que se cheguen serán en base a programas e ideas comúns. Non é unha suma incondicional, senón que todos temos que traballar unidos polo ben do pobo galego.

E a negativa da dirección do BNG. como a interpretas?
Eles son soberanos para decidir o que queiran. Nós apostamos polos problemas da xente e non polos partidos. Por iso o importante é atallar os principais problemas que padecen os galegos.

Por certo, como ves o panorama logo das xerais?
É complexo. Veremos se se chegan a acordos ou non en función do que está disposto a facer o PSOE. Del depende se quere facer un goberno para a maioría social ou prefire pactar coa dereita. E logo, sobre todo, o importante é que se hai un acordo sexa en base a un programa concreto.

E ves un goberno conxunto co PP con presenza no Goberno de España de xente de En Marea?
Iso ten que decidilo o PSOE. Terá que decidir se está coa maioría social ou se prefire continuar cos políticas da dereita cun goberno de PP e Ciudadanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

12 Pepópterus Funk

Hai que deconstruír polígonos industriais para facer grandes explanadas de drifting amigos¡¡¡ Xuntándonos coas/cos chonis de todo Galichonialand seremos capaces de crear un gran CÍRCULO e derrapar ata que lles fervan as mans ás chonis de tanto aplaudirnos. Todos untos acadaremos o poder da UNTA e así cos soldos dos parlamentarios poder mercar potentes coches de drift (derrapaxe para os non postos no tema) e facer feliz a toda Galichonialand. Despois de derrapar xuntarémonos nun gran cículo e procrearemos para sacar Galichonialand da anemia demográfica na que se atopa.

11 IU Villagarcia

IU debe recuperar su práctica política desde la base de que la contradicción capital trabajo, determina el resto de las contradicciones.IU configura un amplio espacio propio que debemos ocupar sin derivas estratégicas equívocas como el ciudadanismo. Las siglas son un patrimonio político de gran importancia. Algunas dirigentes, deslumbradas trabajan en un proceso de deconstrucción de IU y padece una obsesión por Podemos.

10 Eu mesmo

Dí a comunista que "Temos que traballar para a propia clase traballadora que ve que tras 8 anos do PP as súas condicións de vida non só non melloraron, senón que empeoraron". Algunhas ainda non superaron a caída do balado de Berlín nin se decataron que a estrutura da sociedade galega é plural e temos algo máis que só clase traballadora, da que temos moi mala experiencia co pc e o psoe en temas coma o naval ou ence. Queda dito.

9 Comunista

400.000 galeg@s opinan todo o contrario que os 4 "comentaristas" multinick que por aquí veñen a deitar as súas frustracións políticas en forma de cibermilitancia. As Mareas suben sen parar, as Mareas ilusionan o pobo agredido, as Mareas meten medo a Pp-PsoE-BnG-C´s, as Mareas son un pesadelo para LVG e o Sermóns. #HaiMarea.

1 LKI

Ladran, logo cavalgamos.

2 Xeira ja ja ja

A quen non lle meten medo é ao capital, que as creou e promocionou.

8 per

A xente ,os normais,so vale para dicir que os demais nono son e iso e muita pretension,,,para ao final ser os das cupulas os que teñen o carguiño que cada vez vai ser maís dificil de obter coa inclusión de Cerna e CxG que tamen querran pastel,, mentras teñamos a espectativa dos 400000votos ai teremos as minorias partidarias de sempre a sacar tallada,, a xente , os normais ao final ficaran na sua casa coas redes sociais pulsando me gusta ou non me gusta.