A organización Causa Galiza, suspendida durante un ano

O xuíz di que realiza de “maneira sistemática actividades nas que se enaltece, xustifica e promociona o terrorismo". Independentistas cualifican de "disparatados" os argumentos esgrimidos e denuncian tamén a "condena" do "activismo dos procesados".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/02/2016 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco decretou hoxe a suspensión de actividades por un ano de Causa Galiza, ao considerala o "brazo político" de Resistencia Galega e polo seu apoio "explícito" á actividade terrorista en Galicia e aos detidos por terrorismo.

Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza
Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza | Fonte: @Causagaliza

Velasco adoptou esta decisión nun auto despois de que a sección segunda da Sala do Penal do Audiencia Nacional revogase por un defecto de forma a resolución pola que xa declarou a suspensión de actividades de Causa Galiza por dous anos en novembro de 2015.

No auto, Velasco lembra que Causa Galiza, desde a súa constitución en 2007, "veu realizando de maneira sistemática actividades nas que se enaltece, xustifica e promociona o terrorismo", converténdose "nun complemento necesario para a actividade desenvolvida pola organización terrorista" Resistencia Galega.

De feito, segundo o xuíz, esta causa séguese por difusión de comunicados, enaltecemento do terrorismo, exaltación de dous terroristas do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) e homenaxes a dous presos de Resistencia Galega, feitos que poderían ser constitutivos de delitos de integración en organización terrorista, enaltecemento do terrorismo, difusión pública de mensaxes e de consignas terroristas e invitación a cometer atentados terroristas.

Relata o auto que Causa Galiza naceu en xullo de 2007 como unha plataforma para aglutinar aos sectores críticos coa reforma estatutaria que se fixo ese ano, "englobando á contorna máis radical do independentismo galego". Entre os seus impulsores figuraban "varios detidos e condenados pola súa pertenza ou colaboración" coa organización terrorista Resistencia Galega.

Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014
Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014 | Fonte: gzvideos youtube

Entre 2013 e 2015, prosegue o xuíz, Causa Galiza preséntase finalmente como organización política, momento no que radicaliza a súa mensaxe. Para os investigadores, o exemplo máis claro desta radicalización é a organización en 2014 e 2015 do "Día da Galiza Combatente", acto que até o ano 2013 organizaba anualmente a Assembleia da Mocidade Independentista (AMI), organización que se disolveu tras a sentenza que declaraba organización terrorista a Resistencia Galega.

O pasado outubro foron detidos nove dirixentes de Causa Galiza acusados de enxalzar a actividade terrorista de Resistencia Galega e do EGPGC e de xustificar "a utilización da loita armada para a estratexia independentista".

Segundo a Audiencia Nacional, os nove constitúen supostamente o núcleo dirixente de Causa Galiza e participaron de maneira activa no referido acto, así como noutros nos que se desenvolveron accións de enaltecemento do terrorismo levado a cabo pola organización terrorista Resistencia Galega, herdeira do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC). EFE

"Gravísimas acusacións"

Sen embargo, o colectivo de independentistas procesados na Operación Jaro critica a decisión deste tribunal por manter as "gravísimas" imputacións impostas aos nove imputados. Nun comunicado cualifica como "disparatados" os argumentos esgrimidos para a xustificación destas decisións.

Denuncian a criminalización que se fai da celebración de actos informativos e concentracións sobre a historia do movemento independentista galego e que "fulmina os dereitos civís e políticos” dos afectados por esta causa, ademais de “facer caso omiso” de manifestacións como a do pasado 24 de xaneiro neste sentido.

Esta organización actuou sempre con métodos legais ao servizo do pobo galego e da causa independentista", indican a cualificar a actuación da Audiencia Nacional como un "disparate xudicial e político" destinado a "impedir" que traballen politicamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Xandokas

...vamos, ..... que non se pode ILEGALIZAR ao PARTIDO POPULAR....

6 Capone

O BNG tenno difícil. Ou ir cos da tele ou ir canda organizacións que non tenhen nin terán eco social. Hai 40 anos poderían ter un pouco en ambientes reducidos. Outro tema é que os votantes medios do BNG son da clase media. Non hai máis que ver os resultados de Vigo para albiscar que os da clase trabalhadora non tenhen nin idea. Mágoa, pero é así. O BNG ou como se chame no futuro tenno difícil. Ponhamos por caso que conhezo a unhe media de 100 persoas. Desas 100, no meu caso, sendo todos eles da clase trabalhadora, son profundamente ignorantes e maleaves. Poderiamos facer unha traslación a Vigo e olhar os resultados electorais que tivo o BNG. Difícil papeleta a do BNG. Tanto ladrar Mera dende a CIG para que voten ó BNG auténtico e en Vigo unha porcentaxe mínima ou case irrelevante de xente apoiunos Que non trabalhe ninguén. Moi difícil.

1 Independentista liberal-social

Hai unha terceira opción: seguir sendo unha opción nacionalista/independentista que, en caso de ir en coalición, faino con forzas de obediencia galega, pero de corte centrista/liberal e cun programa liberal-social ou máis centrista: Converxencia XXI, CxG, Coalición Galega, PG, TeGa... Así, habería unha esquerda galeguista (En Marea) e unha coalición de centro nacionalista galega baixo o "paraugas" do BNG. Non obstante, dubido moito que os militantes do BNG apoien esta 3ª vía.

5 Era Visto

Hoxe sería Terrosista até o Arcipreste de Hita. Nos fondo esa palabra é un deterxente que lava moi branco. Namentres os cartos das mafias organizadas que goberna a España podre están en Suiza, nas Illas Caimán...Que longo se fai o franquismo. Non á ilegalización de Causa Galiza!

4 nostrus

Imaxino que os enaltecedores do terrorismo rexeitan esta decision

3 Pastelao

Terroristas fóra da Galiza.