Homenaxe da RAG e o Colexio de Arquitectos o vindeiro mércores a Andrés Fernández-Albalat

A homenaxe celebrará "a pegada cultural, profesional e persoal deste mestre da arquitectura galega" a través das intervencións dos organizadores

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2024 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega e a delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) renderán unha homenaxe o vindeiro mércores, 4 de decembro, a Andrés Fernández-Albalat Lois con motivo do centenario do seu nacemento.

Baixo o título 'Andrés Fernández-Albalat. Arquitecto da memoria', o acto dedicado ao académico de número desenvolverase na delegación coruñesa do COAG (Federico Tapia, 64) a partir das 18.30 horas con entrada libre.

Tal e como destacaron as entidades, Fernández-Albalat foi un arquitecto "humanista ao servizo da sociedade" que dirixiu numerosos proxectos que o converteron en "un referente imprescindible da Galicia contemporánea".

Así, a homenaxe celebrará "a pegada cultural, profesional e persoal deste mestre da arquitectura galega" a través das intervencións do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; Charo e Andrés Fernández-Albalat Ruíz, fillos do académico; o aparellador Roberto Medín Guyatt, excolaborador de Albalat; Cristóbal Crespo González, director do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo (DPAUC) da UDC; e César Portela Jardón e Myriam Goluboff Scheps, exdocentes do mesmo departamento.

Arquivo - Andrés Fernández-Albalat.. RAG - Arquivo
Arquivo - Andrés Fernández-Albalat.. RAG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta