Por Galicia Confidencial | Allariz | 05/12/2024 | Actualizada ás 09:00
O Concello de Allariz vén de presentar unha das súas iniciativas de dinamización comercial para o Nadal, “O Peto dos Desexos”. Esta acción, que está xa consolidada no programa destas festas, busca incentivar as compras locais na vila durante a época festiva ofrecendo premios aos seus participantes.
A campaña dará comezo o 5 de decembro e estará activa ata o 6 de xaneiro, ambos incluídos. Proporá un atractivo sorteo de 1.000 € en premios, distribuídos en dous premios de 250 € e cinco de 100 €. Para participar, os clientes deberán xuntar tíckets de compra que sumen un valor total de 30 € e depositalos, xunto coa “Tarxeta dos Desexos”, nun dos Peto dos Desexos situados no Alto do Portelo e na Alameda. O sorteo será público e farase o 8 de xaneiro no Alto do Portelo.
Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, e María López, Concelleira de Comercio, destacaron a importancia de apoiar o comercio local. “Mercar en Allariz sempre ten premio, porque ademais de dinamizar a nosa economía local, estamos axudando ás nosas veciñas e xerando emprego. É responsabilidade de todos mercar de xeito responsable para contribuír ao crecemento do sector”, sinalaron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.