Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2024 | Actualizada ás 15:20
Galicia ten unha remuneración de asalariados por hora inferior á media europea en todos os sectores salvo no primario, segundo o 'Estudo Salarios. A remuneración do factor traballo na economía galega' que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE). As diferenzas son menores no caso do sector da construción ou da administración pública, sanidade e educación e "relativamente importantes" en sectores como o das actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros, da información e das comunicacións e en actividades profesionais, científicas e técnicas, administrativas e servizos auxiliares.
As actividades financeiras e de seguros, da administración pública, sanidade e educación e de información e comunicacións son as que presentan unha maior remuneración por hora en Galicia. En España tamén son estes sectores de actividade os mellor remunerados. Na UE-27, adiantan en remuneración media as actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares ás da administración pública, sanidade e educación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.