Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/12/2024 | Actualizada ás 12:14
A televisión polaca presentou en Varsovia o seu novo documental sobre o Camiño de Santiago, realizado co apoio da Axencia de Turismo de Galicia co obxectivo de promocinar a ruta entre os habitantes dun dos países dos que saen máis peregrinos de camiño a Santiago.
Nel nárrase a historia dun peregrino polaco con discapacidade que expón as motivacións que lle levaron a facer a súa viaxe. Na presentación do documental, estivo presente o director de Xestión do Plan Xacobeo, segundo informa a Axencia de Turismo de Galicia nun comunicado. Polonia é un dos países nos que máis presenza ten a ruta Xacobea. En 2024, Santiago recibiu a 7.646 peregrinos polacos, un 35% máis que en 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.