Reconstrúen unha peza cerámica de 7.000 anos atopada no Monte Pindo

A Asociación Monte Pindo Parque Natural presenta a reprodución dun vasiño neolítico atopado nunha das covas deste espazo natural.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 17/02/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O profesor Xoán Ramón Vidal Romaní e un equipo de ceramistas lucenses veñen de materializar unha reprodución dun vasiño campaniforme neolítico, datada polo método da termoluminiscencia en 7.050 anos, e cuxos restos apareceron no Monte Pindo. Foi durante unha excursión hai xa oito anos do propio profesor e o Clube Espeleolóxico Maúxo nunha cova deste espazo natural.

Peza cerámica reconstruída a partir de restos de hai 7.000 anos atopados no Monte Pindo
Peza cerámica reconstruída a partir de restos de hai 7.000 anos atopados no Monte Pindo

Esta e outras pezas atopadas están depositadas fóra do espazo visitábel do Museo Arqueolóxico da Coruña. Trátaase dos restos arqueolóxicos máis antigos descubertos no MontePindo ata o momento, e confirmaría a presenza humana nas grutas do Olimpo Celta cando menos desde o Neolítico.

Un dos restos mellor conservados e máis interesantes consiste no beizo dun vasiño cerámica decorada de tipo campaniforme, estilo que definiu toda unha cultura dentro do Neolítico, e que xa foi datada entre 6.000 e 8.000 anos de antigüidade polo método da termoluminiscencia (TL) no Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal.

Os resultados desta investigacións foron publicaron no traballo 'Datación por termoluminiscencia de cerámicas de cuevas y cavidades graníticas en el NW de la Península Ibérica', que demostra, ademais, que o Monte Pindo estivo habitado case continuamente.

“Á vista do interese xerado pola reprodución nas redes sociais, a Asociación abrirá un prazo limitado para que quen o desexe poida facerse cun exemplar desta reprodución, o que se poderá facer presentando unha reserva na páxina tenda.montepindo.gal”, apunta esta entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

E Frijol co seu equipaso coma sempre nos biosbardos dos sobres e financiamento das campañas en B, esperando que veña outro oso a abrazalo polas suas grandes conquistas que todos lembraremos con vítores aos PPodres mais corruPPtos que existen sobre esta terra.