Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2024 | Actualizada ás 11:56
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este mércores o decreto polo que se declarou o Corpus Christi de Ponteareas Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial.
Segundo se recolle no BOE, a primeira solicitude formal para o seu recoñecemento foi realizada polo Concello de Ponteareas o 13 de marzo de 1995. Esta solicitude tivo o informe favorable dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, así como do Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, da Real Academia de Belas Artes, do Consello da Cultura Galega, da Facultade de Xeografía e Historia e da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra.
Así, en outubro de 1996, o Diario Oficial de Galicia publicou a resolución pola que incoaba o expediente para a declaración de BIC, pero pediuse a categoría de lugar de interese etnográfico, en lugar de patrimonio inmaterial, o que desembocou na caducidade do procedemento e o arquivo do expediente, pola incerteza xurídica que xeraba.
En xuño de 2017, o Concello de Ponteareas, ante a perspectiva dun novo marco xurídico tanto estatal como especialmente no caso de Galicia, realiza unha nova petición, que se completou en marzo de 2018, e o DOG publica a incoación de novo do procedemento. Solicitouse informes do Consello da Cultura Galega, Museo do Pobo Galego, e Departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que deron a súa visto e prace.
Finalmente, o Consello da Xunta acordou a declaración e o DOG publicou o decreto en abril de 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.