Touriño e Quintana, xuntos sete anos despois

O ex presidente e ex vicepresidente do bipartito asistiron a unha tese sobre os últimos tempos do seu goberno realizada polo politólogo e dirixente de CxG, Paulo Carlos López.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2016 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o seu entón vicepresidente, Anxo Quintana, volveron coincidir nun foro político, sete anos despois de ter perdido o poder. Un encontro distendido que tivo como marco unha tese doutoral. Un traballo do politólogo e dirixente de Compromiso por Galicia, Paulo Carlos López, sobre, precisamente, os últimos tempos do bipartito.

Rafael Cuíña, Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Paulo Carlos López durante a lectura da tese deste último
Rafael Cuíña, Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Paulo Carlos López durante a lectura da tese deste último | Fonte: FB Rafa Cuíña

“A construción da axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas de 2009. Estratexia partidaria, produción dá información e cidadanía", é o título desta investigación dirixida polo profesor e doutor Luís Álvarez Pousa. Nela, López, que obtivo a máxima cualificación do tribunal, analiza as causas que levaron ao goberno PSdeG-BNG a perder as eleccións ante Alberto Núñez Feijóo.

Aínda que Touriño e Quintana quixeron ser discretos, o certo é que acapararon toda a atención, especialmente, nun momento político tan convulso como o actual. Por iso, os dous ex dirixentes políticos apostaron por un goberno de cambio en Madrid logo do acontecido o 20D.

“Sería bo que foran quen de poñerse de acordo e poder acometer así varias reformas importantes, ademais de liquidar esa fenda extraordinaria que nos deixou a crise en termos sociais", dixo Touriño sobre as negociacións que mantén o PSOE con Podemos.

E, precisamente, puxo como exemplo a “cultura da coalición” que houbo no bipartito e que, suliñou, “este país necesita” para  e “conformar unha experiencia, en todo caso, totalmente innovadora".

Pola súa banda, Quintana suliñou que “existe unha vontade maioritaria de cambio que se reflectiu nas votacións do pasado mes de decembro” e amosouse sorprendido pola “falta de respecto institucional que se está vendo en todo este proceso". “Están a pasar cousas que serían imposibles na miña etapa no Executivo e que carrexarían a morte política dos involucrados”, dixo.

Sobre as conversas entre Podemos e o PSOE, criticou que "Galicia non exista nesta movida", ao contrario do que si ocorre con outras zonas como Valencia, Cataluña e Euskadi. En  todo caso, precisou que “se isto está así é porque os galegos e as galegas preferiron que fose así".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 VIEIRAS = PP

o -vieiras vendeu a Galiza por cartos de podreiros din que por 30 moedas agora e xa o gran xudas ... e triste ver que en 96 paxinas do informe de podreiros o chamado anexo e decir Galiza non sae por ningures nin no tema da pesca... PODREIROS E MOI TRAIDOR MOI ASASINO!

7 Xoel G

Bo cuarteto de pijos, jetas, caciques e delincuentes

6 Gamela

Fanse teses de calquera cousa...? Pero pódese ler nalgún lugar? Eu quixera saber quén sentaba na mesa da Coruña (segundo palabra de Quintana na súa Carta de despedida!) ? O novo doutor saberá algo do tema, ou tampouco se pode dicir nada de nada...? En fin con teses deste calibre a USC non vai ir moi lonxe... (?) ou ao mellor xa estamos na Universidade 2.0 (e eu sigo en Babia)

1 Sariña de Oia

Qué méritos ten vostede para decidir as líñas de investigación doutoral nunha universidade? Tanto ten se lle interesa o tema ou non, os que deciden son aqueles que chegar alí mentres vostede queda na casa queixándose dendeo sofá. Se quere acceder a ela, normalmente súbense pasado un tempo á base de datos TESEO.

2 Gamela

Supoño que non precisaremos méritos para saber que algo sucedido fai apenas 10 anos nin ten o pouso necesario nin siquera a documentación precisa para se converter en tese doutoral (agás que calquera chascarrillo pódase considerar materia de investigación na USC) Pero agradezo saber que cicais -con algo de sorte- poda saber por qué o Bipartito esmoreceu na BD TESEO. Mentres sigo preguntándome se alguén sabe QUEN SENTABA NAQUELA FATÍDICA MESA NA CORUÑA ? Saúde!

5 eche

Non souberon ou non quixeron aproveitar esa oportunidade de alonxar, como mínimo por muito tempo, o PP do poder en Galiza. Desaproveitaron penosamente a oportunidade, fixeron o i dio ta e o PP volveu ás súas habituais maiorías absolutas para vergoña dos galegos.

1 galegoexiliado

Ós políticos de esquerda cando tocan poder so lles interesa cambiar de clase social e facerse amigos das dereitas pa que os deixen entrar no Náutico, no club de Golf e nos comedeiros de cinco visas.E logo a vivir das relacions e dos negocios acadados mentras estaban no poleiro, e a vivir (ben) que son dous dias.

4 Suso de Castriz

Que bombo se lle da a unha tese de patacón,que todo o mundo entendeu o que pasou e nin unha mención a unhas 160 teses que se presentaron na USC nas ultimas 3 semenas,a maioria delas importantes e de máis traballo que esa.