Calvos de Randín chega aos -8.6 graos, a temperatura máis baixa desta xornada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2024 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Os termómetros no municipio ourensán de Calvos de Randín esborralláronse ata os -8.6 graos, a temperatura máis baixa desta xornada en Galicia. Todo iso, durante unha xornada no que o sur da provincia de Ourense estivo en alerta amarela por frío desde a medianoite ata as 09.00 horas da mañá.

Segundo os datos da web de Meteogalicia, varios municipios ourensáns tiveron as temperaturas máis baixas rexistradas este domingo na comunidade. É o caso de Baltar (-6.9 graos), Xinzo de Limia (-6.5 graos), Verín (-6,4 graos) e Viana do Bolo (-4.6 graos).

Pola contra, as temperaturas máis altas rexistráronse en Poio (16.5 graos), en Cee (16.2 graos), na Coruña (15.7 graos), en Meis (15.7 graos) e en Vilanova de Arousa (15.6 graos).

Céspede xeado en Becerreá, onde a temperatura caeu ata os -5ªC
Céspede xeado en Becerreá, onde a temperatura caeu ata os -5ªC | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta