Louzán, novo presidente da Federación Español de Fútbol

O ex dirixente do PPdeG está pendente de que o Tribunal Supremo revise a súa inhabilitación.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 16/12/2024 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) xa ten novo presidente. Rafael Louzán, ex presidente da Deputación de Pontevedra e ex líder do PP de Ponvetevdra, foi elixido este luns na Asemblea co apoio de 90 asembleístas polos 43 que confiaron en Salvador Gomar, presidente da Federación Valenciana. Ademais, houbo un voto nulo e catro en branco.

louzánFIFA
louzánFIFA

O dirixente Ribadumia/Pontevedra, 1967), que preside a territorial de Galicia desde 2014, cumpriu os prognósticos que o sinalaban como favorito, tras ser o consensuado pola maioría das federacións territoriais e presentar o maior número de avais con 51.

Gomar (Valencia, 1965), que preside a territorial de Valencia desde 2018, mellorou a súa cifra de avais que foi de 25, para sumar un total de 43 votos dos asembleístas. 

Unha hora antes de iniciarse a Asemblea con 130 membros o estremeño Sergio Merchán retirou a súa candidatura, que fora presentada con 23 avais. Deste xeito, o organismo federativo inicia un novo capítulo tras un ano de inestabilidade pola polémica dimisión de Luís Rubiales en setembro de 2023, aínda que cabe lembrar que Rafael Louzán está pendente de inhabilitación, o que podería abrir outro capítulo máis na escuridade da RFEF.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta