Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2024 | Actualizada ás 18:40
Persoal de Correos do catro provincias galegas mobilizouse este mércores en Santiago de Compostela para reclamar "mellora de condicións laborais" e máis contratación.
Foi nunha protesta ante a Dirección da área Noroeste de Correos para denunciar "a falta de contratación suficiente neste Nadal, o que está a levar a numerosos atrasos e inconvenientes do servizo e o que está a ser especialmente grave na cidade da Coruña".
Así o asegura a CGT, sindicato convocante, que afirma que, con iso, "ponse en risco a saúde do persoal e xera atrasos na entrega da correspondencia, na paquetería e nas notificacións administrativas".
Así mesmo reivindican un novo convenio colectivo "pois o actual leva 11 anos caducado (desde o 2013) e prorrogado, con máis do 40% do seu redactado por baixo do que marca o estatuto dos traballadores ou das diferentes normativas emanadas de diferentes sentenzas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.