Ana Miranda denuncia no Parlamento Europeo a instalación da "macrocelulosa contaminante" de Altri en Palas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2024 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou este mércores no pleno do Parlamento Europeo, durante un debate das condicións dos agricultores da Unión, a instalación da "macrocelulosa contaminante" que Altri quere instalar en Palas de Rei.

"Como eurodeputada galega se que o traballo na terra é canso, duro e perigoso. Falamos hoxe do benestar dos agricultores. O que hai é malestar", asegurou a representante do Bloque, ao comezo da súa intervención na Eurocámara. Tras isto, relatou que Altri quere instalar unha "macrocelulosa contaminante que vai ocupar os terreos produtivos agrarios máis fértiles" de Galicia, na comarca da Ulloa, e que "vai requirir aínda máis plantacións de eucalipto, consumindo moita auga".

"Iso si que provoca malestar. O malestar de 100.000 persoas que saíron as rúas para dicir 'Altri non'", subliñou Miranda, en referencia á multitudinaria manifestación do pasado domingo en Santiago. Así mesmo, a eurodeputada do BNG referiuse ao acordo entre a Unión Europea e Mercosur, que "ameaza o sector ao ter que competir en condicións desiguais con produtos máis baratos e producidos, en moitos casos, con pesticidas prohibidos en Europa".

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denuncia no Parlamento Europeo a instalación de Altri en Palas de Rei (Lugo).. BNG
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denuncia no Parlamento Europeo a instalación de Altri en Palas de Rei (Lugo).. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta