Afectados polos motores defectuosos de Stellantis maniféstanse en Madrid ante a "falta de resposta" da empresa

Lembraron aos manifestantes a "necesidade" de que os que "sufran o fallo" se unan ás protestas e remarcaron que "é imprescindible conservar" todas as facturas das intervencións que se realicen nos coches.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 21/12/2024 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

Os afectados polos motores defectuosos de Stellantis manifestáronse este sábado en Madrid ante a "falta de resposta" da empresa. Segundo informaron desde a Asociación, sobre as 09.45 horas deste sábado case un cento de vehículos iniciaron unha marcha lenta, acompañados pola policía, durante o transcurso da manifestación ata chegar ao Santiago Bernabéu.

Alí, lembraron aos manifestantes a "necesidade" de que os que "sufran o fallo" se unan ás protestas e remarcaron que "é imprescindible conservar" todas as facturas das intervencións que se realicen nos coches. En paralelo a estas manifestacións que finalizaron este sábado en Madrid, os representantes das vítimas presentaron hai unha semana as primeiras demandas contra a fábrica ante os xulgados de Vigo, onde a empresa ten a súa sede central.

Fábrica de Stellantis en Vigo
Fábrica de Stellantis en Vigo | Fonte: STELLANTIS VIGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta