Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2024 | Actualizada ás 09:49
Un total de tres persoas necesitaron ser evacuadas por un incendio declarado nun piso en Ferrol esta madrugada. Foi un particular o que, ao redor das 2.30 horas, contactou co 112 Galicia e avisou de que estaba a arder unha estufa no interior dunha vivenda da estrada Castelao.
Segundo indica o 112 Galicia, aínda que finalmente foron tres os evacuados por inhalación de fume, había seis persoas no interior do piso. Deste xeito, os xestores do 112 avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ferrrol, á Policía Nacional e á Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.
Con todo, o lume foi sufocado antes de que chegase a dotación de bombeiros, os cales indicaron que se viu afectado un enchufe e un pouco de roupa a raíz do lume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.