Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2024 | Actualizada ás 12:15
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade fai un chamamento a doar sangue durante a próxima semana, en plenas festas do Nadal, por contar con reservas baixas dos grupos A negativo, B positivo e 0 negativo.
Mentres tanto, as reservas dos grupos A positivo, B negativo e 0 positivo están en niveis normais; e as de AB positivo e AB negativo son as únicas que conta con bos rexistros.
Neste contexto, ADOS anima a doar e lembra os puntos de doazón que haberá a próxima semana en distintas localidades galegas, porque o Servizo Galego de Saúde (Sergas) precisa dunhas 500 doazóns diarias para atender a todas as persoas que nos hospitais necesitan unha transfusión debido a intervencións cirúrxicas, outros problemas de saúde ou porque sufriron un accidente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.