Por Europa Press / Redacción | LUGO | 02/01/2025 | Actualizada ás 11:10
Dous coches chocaron en Burela co resultado de dúas persoas excarceradas ao quedar atrapadas, segundo informa o 112 no seu parte de incidencias. O 112 recibiu a primeira chamada do accidente un cuarto de hora antes das sete da tarde. Os dous coches chocaron no quilómetro 9 da vía LU-115 ao seu paso pola parroquia de Arcos. A dotación dos bombeiros desprazada ao lugar, xunto con outros efectivos, tivo que empregar material de excarceración para liberar ás dúas persoas, unha de cada coche, aínda que só unha estaba ferida polo que foi traladada en ambulancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.