IX Gala Contra o Cancro no Auditorio Municipal de Ourense

Será o vindeiro domingo 12 de xaneiro ás 12:00 h. e reunirá a artistas da talla de Tania Veiras, Pili Pampín, Mago Teto, Gin Toni's e o Grupo de Baile Saudeter Ourense. A presentación correrá a cargo das comunicadoras Lucía Regueiro e Lucía Veiga.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 08/01/2025 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Dende comezo destas festas de Nadal, a organización do evento xa puxo as entradas á venda en diferentes puntos da cidade: a Asociación Española contra o cancro de Ourense, a estación de servicio Mariñamansa, a estación de servizo Pérez Rumbao, La Central Heladera, Saudeter Ourense e o Café Bar Cento5 en Seixalbo.

Lucía Regueiro, presentadora da gala. Foto cedida pola organización.
Lucía Regueiro, presentadora da gala. Foto cedida pola organización.

Un ano máis, o organizador do evento, David Rodríguez insiste: “Este ano queremos seguir enchendo o Auditorio como nas pasadas edicións, tendo un novo horario e xornada que permite tamén, ós máis cativos, achegarse ao evento”.

Logo de oito anos, a Organización ofrece unha variedade de estilos e propostas artísticas para todos os públicos nunha gala que estará conducida polas comunicadoras e presentadoras Lucía Regueiro e Lucía Veiga. O Grupo de Baile Saudeter Ourense serán as responsables da danza desta gala presentando o urban como estilo abandeirado e prominente nesta agrupación. Tras a súa colaboración co referente galego do trap, Ortiga e como colaboradora e presentadora habitual de programas de televisión, a artista Pili Pampín volve formar parte do cartel, xa que na pasada edición non puido por mor dunha enfermidade vírica. Tamén estara nesta edición a cantante Tania Veiras, coñecida tamén na súa faceta de presentadora de espazos de televisión e produtora musical. E para finalizar coa proposta musical, os Gin Toni´s, un grupo que versiona grandes clásicos da música española dos 80 e dos 90. Ademais da música, tamén haberá maxia, que correrá a cargo do Mago Teto

A Gala contra o Cancro conta co patrocinio de Concello de Ourense, Auditorio Municipal de Ourense, Deputación de Ourense, Abanca, Clínica Dental Parracía e Pérez Rumbao e a colaboración de Abella Creativa, 20 de Vyrras, Aleuto Medios Dixitais, Grupo Cuevas, Bodegas Gallegas, Redeiras, OSI Gourmet, Coren, Saudeter, Agapé Liceo e Estilo Único.

Mago Teto. Foto cedida pola organización.
Mago Teto. Foto cedida pola organización.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta