Allariz chama á participación da mocidade para deseñar as actividades do 2025

Este domingo 12 de xaneiro convócase unha asemblea dende o concello para falar sobre as actividades a realizar durante o ano en curso.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 08/01/2025 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz convoca unha asemblea na Casa da Mocidade o vindeiro 12 de xaneiro ás 18:00 h. co obxectivo de dar a coñecer proxectos e ideas que poidan formar parte da programación de actividades do 2025 enfocadas á xente nova da vila do Arnoia.

Casa do Concello de Allariz
Casa do Concello de Allariz | Fonte: GC

“Temos moitas ideas e queremos escoitarte!”, con esta declaración de intención preséntanse dende o concello para convidar a unha sesión aberta á veciñanza máis xoven coa intención de falar de propostas xa deseñadas, e doutras que os propios mozos e mozas propoñan.

Na asemblea proponse, de inicio, falar das “Actividades Unideiras”, do “Espazo de Lecer” --dotación de xogos para todos!--, de Xadrez --campionato e punto de encontro--, de “Libros Viaxeiros” --Bookcrossing na mocidade--  da “Mellora da competencia e comprensión en Galego”, de Convivencia –explicación de novas normas-- e de Entroido coa recuperación das Charrúas.

“A túa opinión conta! Participa e fai que o 2025 sexa máis participativo que nunca!”, insisten dende o concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta