Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2025 | Actualizada ás 16:46
A Consellería de Política Social replicou as critíicas do BNG en materia de dependencia e defendeu a nova normativa da Xunta, que está en vigor desde este mes de xaneiro, e que busca "axilizar e simplificar" os trámites e, como consecuente, "reducir a lista e os tempos de espera" para as valoracións.
Todo iso, despois de que a viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, denunciase, este domingo a través dun comunicado, o "enorme caos" e a "gran sobrecarga de traballo" que "provoca" a Xunta nos servizos sociais comunitarios que tramitan as solicitudes da dependencia.
Ante isto, Política Social sinalou que o obxectivo da nova normativa é "seguir mellorando" o acceso das persoas aos servizos e prestacións.
Desta forma, establece unha "vía preferente" para as persoas maiores de 80 anos; "reforzarán o papel" dos servizos sociais dos concellos, que "verán rebaixada" a carga de traballo burocrático; e "reforzarán o persoal" dos equipos de valoración.
"O obxectivo deste plan de choque da Xunta é reducir a lista e os tempos de espera para as valoracións de dependencia ata o seis meses", incidiu Política Social.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.