A Xunta non descarta ir ao Constitucional para conseguir as competencias de metereoloxía

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2025 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Primeiro foron as transferencias do litoral e, agora, as de metereoloxía. A Xunta está disposta a ir ao Tribunal Constitucional, como xa fixo coas competencias do litoral, para acadar o control da transferencias sobre metereoloxía tras a negativa do Goberno central a cederllas a Galicia.

O titular da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión semanal do Consello da Xunta.. XUNTA
O titular da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión semanal do Consello da Xunta.. XUNTA

"Eu lamentaría ter que ir --ao Constitucional- outra vez", dixo Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Así, criticou que para Galicia haxa "tantas faliclitadades e problemas", mentres outras autonomías teñen esta competencia transferida, dixo, en alusión a Euskadi ou Cataluña. "O Constitucional xa nos deu a razón e agardamos non ter que coller o mesmo camiño", engaidu.

"Se a pedimos é porque estamos lexitimados, desde o punto de vista xurídico, e porque o servizo vai mellorar desde Galicia. E por isto iremos para adiante. Esta --competencia-- xa a teñen outras autonomías e a Galicia se lle poñen problemas. Agardo que impere a legalidade", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta